08/03/2007

Novo blogue dos Linho do Cuco

Os Linho do Cuco, estrearàn estos dias o seu blogue na internet, onde poderas saber datas de concertos, novas, presentacion e adianto do que sera o seu segundo disco,fotos e algunha cousiña màis.... en breves teredes màis novas aquì no cocho dos queiques mais reaccionarios do paìs. Pra ir ao blog de linho do cuco pincha na imaxe de arriba

Posted by Gaitomano at 12:02:15 | Permanent Link | Comments (0) |

03/03/2007

Ùn chinès morto por empacho de xogos on line

......os indestructibles asiaticos tamèn sucumben ante chorradas, como que os atropele unha colleitadora no medio de Pekìn, ou que o morda un can infectado coa rabia vermella.

 

Pois ben, a historia e a seguinte, un fulaniño nun campionato de xogos on line, despois dunha intensa xornada debullando nos miolos, resulta morrer.......................... pode influir que estivese obeso??? deixovos a ligazòn pra que opinedes vos mesmos.

Chino gordo morto por empacho de "calof duti"

Posted by Gaitomano at 12:11:15 | Permanent Link | Comments (0) |

11/01/2007

A caida duns mitos

Cando che din, na que tiraron abaixo as torres xemelgas, ou na que voaron o aparcadoiro da T4, ou tamen, na que o atletico mindoñense este ano queda en rexional...non lle das importancia, mais cando unha referencia musical, cunha importancia tal no desenvolvemento do folclore galego dos ultimos dez anos, marcha asi de repente, parece que sinto a morte de chanquete exponencialmente elevada no corazon.................

 

Con eles vaise unha historia e comeza unha lenda, e que teremos a oportunidade de ver probablemente por ultima vez neste veran de 2007, coa sua xira de despedida.........por dios.....no siento las piernas.........esto es un infierno......nooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo

 

por sempre.....opaiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii


Posted by Gaitomano at 20:57:40 | Permanent Link | Comments (0) |

Feliz 2007.................ja-ja-ja

Pois empezou un ano mais, e eu ainda non notei nada, a miña casa segue sendo a mesma, sigo tendo os mesmos cartos, ou menos incluso, sigo tocando igual de mal e sendo igual de feo, teño menos amigos que antes e as mesmas ganas de tocarme os ...., e teño moitas ganas de berrar pra sacar esto fora que me esta queimando dentro

 

Para nada este comezo do ano foi bo, merda merda e merda


 

 

Posted by Gaitomano at 20:43:12 | Permanent Link | Comments (1) |

19/12/2006

Asi se captan adeptos e non indo polas portas..........

Para que vexades todas as clases sociales, sectas e sociedades secretas do mundo.

Dende a fabrica dos queiques mais reaccionarios do Paìs vouvos levar a iluminacion non divina, senon profana, pero iluimnacion à fin, e con ela conseguiremos vencer ao sempiterno inimigo.

Este post sera estudado en escolas polas vindeiras xeraciòns de Galegos da Galiza, polos primos vascos nas ikastolas, e por todos os demais atè nos diccionarios da RAE.

Esto è un descobrimento moito mais importante que os misterios de Fatima, ou os motivos da marcha de Reices de Diskordia, onde vai parar.

Estamos ante un metodo milenario, discretisimo e ultraefectivo, ven sendo empregado dende tempos inmemoriais e xa o quixeran pra si sociedades tan secretas e elitistas coma o Priorato de Siòn, Patronato de Donsion, Asociacion de amigos do Lehendakari de Moreira, Microsoft, ou o Clube Tupperware, entre outros.

Agora despois deste roiazo todo veredes a luz ao fondo do tunel da vosa ignorancia, o mesias esta chegando e ven cargado de verdade, clicade aqui pra verdes o verdadeiro motivo do triunfo do inimigo, e como sera posibel a sua derrota, por medios moito menos horteras, un saudo

Posted by Gaitomano at 11:27:40 | Permanent Link | Comments (2) |

23/11/2006

VHS Reciescat In Pace......

Hoxe lin unha noticia que me sorprendeu, ainda que eu pensaba que xa se tiña producido,parvo de min, e resulta que as princiapais firmas tecnoloxicas do mundo dixeron definitivamente adeus ao arquicoñecido Video Home System ou VHS como nos soa mais, o motivo e loxico, este formato non da aturado os ostiazos dos dispositivos dixitais, despois de trinta anos enchendo as nosas estanteiras de cacharrada e po.

 

Estiven indagando un pouco e o VHS naceu alo polo 1976 da man de JVC (Jose Varela Carreira), este formato topouse coa loita feroz doutro competidor, o Beta de SONY e un pouco mais tarde polo esquecido VIDEO2000 de Philips no 79.

O que nos queda agora e rematar os stocks de produccion e ver lentamente como se afunde no esquecemento un formato que tantas satisfaccions nos dou.

Cantas tardes de merendola con pelicula cos amigos, que marabilla.

 Temos que esperar a que algun freak se lle de por disertar sobre o videocassette ou magnetoscopio como elemento retro, e veremos isto con recordos de xuventude ou infantilismo mellor ainda, que tempos, que tempos.

 O que non soportaria de ningun xeito e que se me caeran compañeiros inseparabeis do VHS como eran a Nocilla, songoku ou o Xabarin Club, esos estan a outro nivel.

 

VHS requiescat in pac per seculom seculorum..... 

Posted by Gaitomano at 16:03:16 | Permanent Link | Comments (2) |

Gudbai güiz de jert

Marchoume un dos pilares fundamentais da miña exsitencia, tanto fisica, ainda que mais musical, mais vale tamen.

Neste texto vouvos ir dando uns vocablos de ingles pra que poidades entender mellor o famoso "el percal" 

 

O Pacior e o Quinta partiron rumbo Eire ou Ireland ou Irlanda a coñecer e empaparse de reels, gigas, e os riles, que soa parecido pero non e o mesmo, estes ultimos cunhas boas pintas (paints) de draught guiness.

Estou desexoso de que veñan e case nen chegaron alo, ainda que pra o meu consolo (with alone) teràn que vir antes xa que, nada mais chegar alo, puxeronlle os policias (pollices), un cepo no coche alquilado (rent car) e cobraronlle, oitenta libras desas, (eitinpauns), ou o que ven sendo o mesmo (deseim), un dia menos de chea, (a day left of full), pero asi e a vida, unhas veces estas medio ful ou medio enti, xa se sabe. (go!!!, it nous).

 

Paul, Charles, I`m hope see you soon, quere dicir: (que se ides alo que polo menos traiades unha tele desas con fotos dentro).

O voso amijo que vos quere.

Posted by Gaitomano at 02:50:11 | Permanent Link | Comments (1) |

21/11/2006

Quen de vos coñece a este Rajoy?

Hai que ser ben hipocritas dunha puta vez oh, se tes uns antecedentes fascistas na familia, o encomiabel seria que ti salises atravasado, mais se o teu avò foi un militante activo e relevante na esquerda galega, e represaliado polas forzas grises, ten moito delito que saias rana.

 Pero se o teu apelido e Rajoy, nada hombre todo arreglado, estudiara en los salesianos ira a las mejores universidades y acabara por intentar ser el presidente del gobierno, se non sabe pronunciar o "ese", este texto escribeuno Manolo Rivas na Opinion da Coruña, e desde esta molde do queique noso de cada dia, deixovos unha mostra...


Read more...
Posted by Gaitomano at 10:27:46 | Permanent Link | Comments (0) |

13/11/2006

Cronica do 4x4

A verdade e que foi algo incribel pra min, posto que todo ocorreu moi rapido, no auditorio pola maña, ultimaban os detalles os iluminadores, Roberto por ali a toda mecha, Manolo tamen ao pique, os tecnicos tanto o de fora coma o de escenario, muy profesional que diria Manquiña, fomos comer, e despois dun suculento manxar no dezaseis a base de buenas viandas y mejores caldos, ala que nos fomos, eu integrado na formacion dos Linho do Cuco pra o ensaio xeral.

A esas horas a verdade e que xa se comezaban a ver caras mais coñecidas...... chegando ao bakesteich, xa vexo........Xabier Diaz, Guillermo Fdez, Kin Garcia, Leilia, X L Romero, Carlos Quinta, Pablo Pardo, Xurxo Souto, e quince mil jaiteiros mais que ali habia.......... que marabilla total que me puxen a facer fotos como un condenado, e que me encantou convivir con toda esta xente a que aprecio e admiro durante esas horas ainda que foran poucas.


Posted by Gaitomano at 01:13:07 | Permanent Link | Comments (2) |

08/11/2006

Carmiña Burana, esa cantante de nuestra tierra...........

Eso foi famoso non fai moito, grazas PV, por esos momentos que nos deixaches, pero mais simpatico que todo eso e o gran, zanfonista, musico, mestre, colega e amigo, Oscar Fdez que mirade neste enlace que vos deixo a sua vision e algunha anecdota a base de opera Buranesca........

Sen desperdicio......... zonadazanfona

Posted by Gaitomano at 00:35:24 | Permanent Link | Comments (0) |